Sunday 05 de May de 2024

Corte de tráfico na rúa da Rapa da Folla


O vindeiro mércores 4 de marzo a rúa Rapa da Folla quedará cortada ao tráfico a partir das 11,00 horas por mor dos traballos de conexión de tubaxe desta rúa con Carreira do Conde. Para acceder a Montero Ríos haberá que entrar dende a praza de Vigo e continuar pola rúa Nova de Abaixo.
O corte durará en principio un día, pero non se descarta que se teña que manter pechada a rúa parte do seguinte, xoves 5.

O Concello de Santiago de Compostela prega aos cidadáns desculpen as molestias que estas alteracións no tráfico lles poidan ocasionar.